O Servizo de Normalización Lingüística Terra de Melide distinguiu o traballo da Asociación Cultural e Musical O Castelo co premio á Defensa do Idioma.
A sala de conferencias do Edificio Multiusos acolleu o acto de entrega do premio no que participaron representantes do Servizo de Normalización Lingüística, integrantes da Asociación O Castelo e Mercedes Queixas, secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Dende a Asociación O Castelo agradecemos o premio e seguiremos traballando a prol da normalización e potenciación da nosa lingua.